ACTIVIDADES DESTACADAS
FUTBOLÍN HUMANO | LECER ADAPTADO
Organizado por COGAMI
Un futbolín onde as persoas serán os xogadores e xogan sentados, utilizando unha pelota de grandes dimensións, que pasa rodando polo chan utilizando as mans.
Actividade gratuíta.
Aberta para todos os públicos.
Sábado.
BOCCIA | DEPORTE PARALÍMPICO
Organizado por COGAMI
BOCCIA é unha modalidade de deporte exclusivamente paralímpico. É similar á petanca. Pero é unha modalidade concibida para persoas con discapacidades motoras, discapacidade física grave, parálise cerebral e persoas en cadeira de rodas. Xógase con seis bólas vermellas, seis azuis, e unha branca (diana) de 8,3 centímetros. Hai 3 modalidades, individual, por parella, e por equipos (3 compoñentes). Cada xogador, parella ou equipo ten 6 bólas, vermellas ou azuis.
Actividade gratuíta.
Aberta para todos os públicos.
Sábado.