15-16-17 FEBREIRO 2019 • A CORUÑA
Que é MIMOC?
A MOSTRA INTERNACIONAL DO MUNDO DO LECER – MIMOC, segue o seu camiño, nesta segunda edición, coa intención de converterse nun referente no ámbito europeo, como foro de encontro no amplísimo universo das actividades de lecer en todas as súas vertentes – social, cultural e económica – concentrando nun fin de semana múltiples iniciativas, que van desde a exposición, presentación e comercialización de produtos e servizos, ata a organización de simposium, congresos e meeting para profesionais dos sectores relacionados coas actividades de tempo libre.
Todo iso combinado con múltiples accións destinadas ao público asistente, que entre a oferta poderán atopar todo un abanico de posibilidades.
Deportes, artes, novas tecnoloxías, viaxes, cultura, formación e diversión tenrán acollida no certame, na que os visitantes poderán participar como actores ou espectadores, aprender, sexa cal for a súa idade.
Cara á Consolidación
Exercicios 2017/2019
Para unha consolidación do evento, este realizarase con carácter anual e terá unha duración de 3 días ata o exercicio de 2020.
Exercicios 2020 en diante
A partir do ano 2020, prevese a ampliación da duración da Mostra, pasando a ser de 1 semana completa.
Perséguese con iso crear un importantísimo polo de atracción para un público de todas as idades e condicións, mediante unha atractiva oferta de lecer que debe ser referente no ámbito internacional, foro de debate e cita obrigada para expositores e marcas.
Este proxecto é realizable grazas aos coñecementos e a experiencia dun grupo de profesionais de distintas actividades comerciais, deportivas e de formación, con longa traxectoria nos seus respectivos sectores.
Reunir toda esta experiencia e poñela ao servizo da creación deste excitante certame é un gran reto.
UNLIMITED EVENTS© en colaboración con diversas entidades públicas e privadas representa unha mostra que, co paso das edicións deberá converterse nunha cita obrigada para o público de todas as idades, e á súa vez unha gran oportunidade de negocio e plataforma de presentación de produtos e servizos para os sectores económicos vinculados ás actividades de tempo libre.
Reserva agora o teu stand para MIMOC 2019
Consulta aquí as TARIFAS e SERVIZOS para a II MOSTRA INTERNACIONAL DO MUNDO DO LECER – MIMOC e reserva xa o teu STAND ou ESPAZO PERSONALIZADO para promocionar os teus produtos ou servizos.

Español




