
Un beertruck únese a MIMOC’19!
AleAlé é unha nanocervexaría de carácter rexional, que traballa dando a coñecer as súas cervexas principalmente en Coruña e arredores, con base en Uxes (Arteixo).
As persoas que están detrás destas cervexas producidas con maltas ecolóxicas conciben a cervexa como produto de cercanía, de calidade e alonxada das economías de escala. No seu día a día traballan para dar a coñecer a amplia diversidade de estilos de cervexa existentes dun xeito divertido e asociando cada unha das súas receitas a un ritmo musical de carácter reivindicativo e popular.
O seu beertruck virá cargado con 3 billas para tomar unha caneca ben fresca sempre acompañada dun petisco. A que xa apetece? Ven á súa caseta para coñecelos!
Pódelos seguir nas súas redes:

galego


