COGAMI é a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, unha entidade sen ánimo de lucro, declarada de utilidade pública e constituída por 54 asociacións representantes de persoas con discapacidade física e orgánica.

Dende COGAMI traballamos para conseguir a plena inclusión das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, tendo por obxectivo normalizar, visibilizar, poñer en valor a discapacidade e sensibilizar á sociedade para que vexa a discapacidade como unha condición máis da persoa.

Que facemos para conseguir a inclusión? Pois prestamos servizos de información, asesoramento e orientación; apoiamos ás mulleres con discapacidade privadas de dereitos e vítimas de violencia de xénero e a menores na integración educativa; contamos cun servizo de orientación laboral que contou con máis de 2.200 insercións o ano pasado; impartimos formación; asesoramos sobre accesibilidade nas vivendas; ofrecemos actividades de lecer e tempo libre; impartimos charlas de sensibilización sobre a discapacidade; prestamos produtos de apoio a quen os solicita temporalmente; contamos cun servizo de fisioterapia; xestionamos 11 iniciativas empresariais de economía social nas que traballan máis de 800 persoas, o 90% destas con discapacidade e contamos con centros de recursos nos que se realizan programas de habilitación e mantemento físico e cognitivo.

O noso lema é: SOMOS CAPACES.

Para coñecernos mellor, podes entrar na nosa web  www.cogami.gal

Tamén podes seguirnos a través das nosas redes sociais:

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies